Canto I
Así faléi; voz estraña
Berrou neste medio tempo:
"¡ Adiente a santa Compaña!"
E us brincando, outros ausortos,
Meréi pasar en ringleira
Unha procesión de mortos,
E sentin n´as pedras duras
Ruxir de zocos, sandalias
E talares vesteduras.
D´a procesión marcha diante
O que falara primeiro
E detrás un redobrante.
Canto II
Todos ises y -outros tantos
Que no canoniza a igrexa,
Sonche os verdadeiros santos.
-¿ Santos e non van contigo
A Roma?- Non lles fai falla
Porque non temen castigo
-¿ Logo estamos rodeados?..
-D´unha gavilla de créntes,
N´o tren d´os Sete Pecados
Canto IV
- ¿Fauciosos? Semellan crentes,
Según a atrición que mostran.
-¡ Madía! Vénse impotentes-
Dalles en vez de rosarios
Fusís, e temélles menos
Ós lobos mais sanguinarios.
Seus rezos sonche disfraces;
Repara ben n´o que dicen,
Veras d´o que son capaces.
Fixandome enton n´o canto,
Notéi non poñen n´o rezo
Ninguna virxe ni santo
Y- os ollos baixos e inmovis,
Meten un xefe carlista
Entre dous ora pro nobis