sábado, 6 de diciembre de 2008

Canto VII

É n´esa autitú cristiana,
Dixo-en que os bioólogos fundan
Nosa orixen cuadrumana

Perdida a garra y-o rabo
Desque a selva primitiva
Deixou, para ser home ó cabo

Soyo cando á pór se presta
De bruzes, mostra o católico
Que antes de sel-o foi besta

Non botes en saco roto
esta advertencia, fillo,
Pois sei de máis d´un devoto

Para quen toda cencia é vana
que sempre que ora confirma
A teoría darwiniana.





Canto IV

Ti, cando por tod´a terra
O corno feudal soaba
Chamando as necios á guerra,

Convirtindo en estandarte
O vello sudario griego,
Proclamache a cencia e o arte;

Y-en tanto que n´un divino
Resplandor inunda os ceos
O sol de Tomas d´Aquino,

O verbo audaz de Xordano
Penetra o misterio, oculto
Sempre o peensamento humano,



   
Canto VIII

Acordéime d´os que fozan
N´a terra, dós que no comen
D´os que non rien e non gozan

D´o labrego que traballa
Para manter muller e filos
E dorme en mollos de palla;

D´o probe vello baldado
Sinagarimo n´o inverno
de porta en porta arrastrado




Canto VIII

-N´o medio de loita tanta
Soyo hay paz- tornou Leon XIII-
N´o seo d´a igrexa santa.

¡ E chamadesd¡me tirano
A min triste prisionero
N´a carcel d´o Vaticano! 

- Perdóneme sua mercede-
Dixen enton- pero coido
Qie mentres a Santa Sede

Os bens temporales ame
E insulte c´o a sua riqueza
Ós que moren de fame;